A falta de gol condena ó Cambados fronte o Bahía

CAMBADOS> Na Preferente Sur tampouco foi unha boa xornada para os equipos do Salnés. Tan só o Céltiga foi quen de gañar e con apuros no campo do pechacancenlas mentres que o Sanxenxo arrancou un empate ante o Atios. O resto, Ribadumia, Arousa e Cambados perderon nos seus respectivos encontros.

{flowplayer}images/salnes/preferente_041010.flv{/flowplayer} 

Non mereceu perder o Cambados ante o Rápido Bahía no que foi a súa terceira derrota da temporada como local (1-2).

A primeira parte dos amarelos foi de sobresaínte e tan só a falta de fortuna de cara ó gol privoulles de irse ó descanso co partido sentenciado. Javi Sánchez fixo a primeira gran xogada do partido e o seu disparo perdeuse por pouco. O mesmo protagonista atopouse minutos máis tarde co porteiro Valente, que rexietou o seu potente disparo.

Antes da media hora chegaba unha xogada na que o colexiado comíase unha man do visitante Iván e decretaba saque de esquiña de xeito incomprensible. Un minuto despois anulaba un tanto ós cambadeses. Onde sí que pitaría penalti o árbitro Francisco Rodríguez sería en área amarela. Cascallar tropezou con Hugo e o colexiado sinalou os nove metros. O encargado de transformar a pena máxima foi Cal.

A reacción local chegaría apenas cinco minutos despois cando Javi Sánchez culminaba unha longa xogada de ataque.

A partir de ahí, o Cambados baixou o ritmo e permitíu que o Bahía obtivera vantaxe nada máis comezar no segundo tempo, grazas a un gol de Cacho. Pese ós intentos dos de Ángel Oliveira, o empate non chegou e os puntos voaron cara Aldán, deixando ó Cambados na cola da táboa, a un paso dos postos de descenso. 

O único que foi quen de vencer onte de tódolos equipos do Salnés na Terceira e na Preferente foi o Céltiga. Os de Rial acadaron a súa segunda victoria consecutiva ante o pechacancelas da categoría, A Peroxa, por 2-3. Os tantos dos da Illa foron obra de Aarón, Darío e Ero. Estes tres puntos colócalles xa en metade de táboa, xusto por enriba dun Arousa que onte foi vapuleado na súa visita ó Choco. Os de Lino González aguantaron o tipo na primeira metade pero na segunda, os locais soubéronse adaptar mellor ó mal estado do terreo de xogo. Ó final, 5-1. O gol dos vilagarciáns foi obra de Josiño.

Ademais, o Sanxenxo empatou na casa fronte ó Atios logo de remontar con goles de Ángel e Diego Blanco un 0-2 en contra. O Sanxenxo tamén se queda preto do descenso, onde continúa situado un Ribadumia que non ergue a cabeza e que onte caeu na casa fronte ó Pontellas por 0-1.

Redacción Salnés