O Grove acolle a XIV Copa Galega de Ríos e Travesías

piraguismo250_220509.jpgSALNÉS> A provincia de Pontevedra protagoniza a fin de semana do piragüismo. Mondariz acolle a Copa Galega de Promoción de Slalom, Vigo a de Kayak de Mar, e mañá no Grove dispútase a terceira proba da Copa Galega de Ríos e Travesías,  XXII Copa Xunta de Galicia.

O Grove acolle mañá pola tarde a terceira proba da XIV Copa Galega de Ríos e Travesías, organizada polo Club Breogán e a Federación Galega. Un total de 27 clubes galegos, 148 embarcacións e case 300 padexeiros tomarán parte na competición.

O percrorrido será de 7.000 metros para cadetes e xuvenís e de 14.000 para seniors. A competición dará comezo ás 16:30 coa saída do k-2 cadete e c-2 cadete masculino.

Ás 17:30 saldrán os participantes do k-2 xuvenil e c-2 xuvenil, masculino. Xa ás 18.30 saldrán as últimas tandas, as do K-2 home senior, o K-2 muller senior e o c-2 home senior.

Os padexeiros da categoría senior repartiranse 1.400 euros en premios, entre os tres primeiros clasificados nos k-2 e nos c-2 masculino.

Entre os principais duelos que se vivirán estará o do k-2 senior entre a parella formada por Antonio Polo e Carlos Pedreira do Club Piragüismo Xuvenil, que intentarán mellorar o terceiro posto acadado en Lugo e superar ós grovenses Álvaro Bravo e José Antonio Bea.

As parellas formadas por Carla Pérez e Leticia Piña e Silvia Rodríguez e Diana Freiría, ambas do Club Kayak Tudense, loitarán pola victoria en K-2 muller senior.

En C-2 home senior a canoa de Ángel Cristian Rivademar y Sami Grigore, do Club Breogán de O Grove, e a de Óscar Graña e Juan Ramón Bayón, del Club Piragüismo Illa de Arousa ofrecerán seguro un duelo emocionante.

Por equipos, O Club Kayak Tudense venceu na primera competición e o Club Fluvial de Lugo dominou a segunda proba. Nesta ocasión, Club As Torres-Romaría Vikinga, Club Kayak Tudense, Club Piragüismo Illa de Arousa y Club Breogán de O Grove loitarán polo triunfo na terceira regata.

Redacción Salnés