O BNG afirma que a Sanidade renunciou ó Monte Carrasco

    bng_novo_hospital100.jpgPONTEVEDRA> O BNG asegura que Sanidade desbotou onte, na reunión co alcalde, o monte Carrasco como o lugar onde construirán o novo hospital.

    {flowplayer}images/salnes/bng_novo_hospital.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O BNG de Pontevedra asegura que Sanidade desbotou onte mesmo, na reunión co alcalde, o monte Carrasco, en Marcón, como o lugar onde construirán o novo hospital.

    O edil César Mosquera afirma que na xuntanza lle advertiron á conselleira dos inconvenientes deste terreo e que entón renunciaron a construílo alí. Os nacionalistas de Pontevedra acusan ó PP de improvisar o proxecto do novo hospital.

    Lembran que hai unhas semanas a propia conselleira de Sanidade instou ó Concello a ratificar en pleno o convenio coa Xunta para o Hospital Único, cando agora o botan abaixo. Critican tamén que non presentasen o proxecto no Parlamento, en vez de anuncialo a través dos medios.

    O BNG di tamén que o PP local terá que dar moitas explicacións, se segue adiante o modelo da nova Xunta. Mosquera lembra que este proxecto dista bastante do anunciado no seu día por Telmo Martín.

    Como membro do equipo de goberno, César Mosquera, insistiu en que o Concello colaborará coa Xunta, aínda que non lle guste o proxecto. Sen embargo, a deputada autonómica do BNG Ana Luísa Bouza advertiu que promoverán a mobilización da cidadanía para que se rompa o novo proxecto.

    Redacción Salnés