A compañía Fulano, Mengano e Citano abrirá o domingo 5 de novembro o Ciclo Teatral da Pobra

BOIRO> Esta mañá presentábase na Pobra unha nova edición do Ciclo Teatral que organiza a concellería de Cultura e que se desenvolverán tódolos domingos de novembro, ás sete da tarde, no Cine Elma.

Trátase dunha das propostas estrela dentro da programación de outono, que tódolos anos levanta unha gran expectación.

A cita, integrada tamén na Rede Cultural da Deputación da Coruña, desenvolverase en novembro, cun total de catro actuacións previstas.

Polo Cine Elma pasarán compañías da talla de Fulano, Mengano e Citano, Bucanero ou Producións Teatrais Excéntricas, entre outras.

A maiores tamén se programaron dúas pezas teatrais para o alumnado de ESO e bacharelato do Instituto e dos ciclos de FP deste mesmo centro e do Divino Maestro.

O día 16, Día Internacional para a Tolerancia, coa representación da obra Brokeback Sabucedo, de Sal do Teatro e o día 20, con Soños, de Artefeito+Culturactiva+Igaxes.