O centro social da Pobra promove o envellecemento activo e saudable

    POBRA> Os usuarios do centro sociocomunitario da Pobra recibiron os diplomas dos cursos realizados ó longo do ano. Ós xa tradicionais obradoiros de musicoterapia e risoterapia sumouse este ano un programa pioneiro do Sergas sobre envellecemento activo. O centro sociocomunitario da Pobra promove unha maior autonomía e capacidade das persoas maiores. Faino a través dos seus cursos baseados no envellecemento activo que axuda a previr ou retrasar as situacións de dependencia. Este mércores tivo lugar a clausura das actividades desenvolvidas ós longo deste curso. Ademais dos cursos habituais, financiados polo concello e a Deputación, este ano acolléronse á escola de maiores, un programa do SERGAS, no que se imparten diversos obradoiros Tras recibir os diplomas, os usuarios e o director do centro entregaron un agasallo ó alcalde saínte, Isaac Maceiras, e á concelleira de Servizos Sociais, Balbina Lojo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí