Gago celebra o nomeamento de Javier Puerta como presidente do peirao

    gago100.jpgVILAGARCÍA> O responsable do ente portuario considera que o seu sucesor é un home con cualidades persoais e profesionais para dirixir a Autoridade Portuaria.

    Javier Gago presidiu hoxe o que pode ser o seu último consello na presidencia da Autoridade Portuaria de Vilagarcía. O cambio de goberno na Xunta obriga a substituír a Gago por unha persoa de confianza do PP. Segundo o goberno autonómico Francisco Javier Puertas estará ó fronte do ente, nas vindeiras semanas. Gago valorou hoxe o seu sucesor ó que lle dedicou doces palabras.

    Tódalas quinielas apuntaban ó portavoz local do PP, Tomás Fole, como o vindeiro presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía. Hoxe Gago alegrouse de que Fole non fora o escollido. Segundo Gago, Fole non coñece a actividade no peirao, a xulgar polas palabras vertidas onte polo líder popular.

    Gago defendeu a súa xestión e asegura que se investiron máis de 50 millóns de euros en obras, nos últimos catro anos. E para avalar a súa labor, Gago fixo públicas as contas do ano 2008, que se aprobaron hoxe por imperativo legal. Segundo os datos emitidos polo presidente, o peirao de Vilagarcía rexistra un superávit de máis de dous millóns de euros. Moi por riba doutros peiraos galegos e españois.

    Os dous millóns de euros de beneficio irán destinados ás contas do ano 2009, na partida de inversións.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/300609_porto_vilagarcia.flv{/flowplayer}