Un incendio provocado calcina unha vivenda de dúas plantas

    incendioapobra_100.jpgA POBRA> As indagacións da Policía científica apuntan a que o lume se iniciou en dous focos simultáneos en lugares distintos do edificio.

    A alarma saltou contra a media noite. Os veciños alertaban ós servizos de extinción da localidade ó comprobar que nesta vivenda de dúas plantas situada no lugar de As Pontes se iniciara un incendio. De inmediato un camión cisterna de protección civil da Pobra acudiu ata a zona para tentar apagar o lume. Minutos máis tarde uníanse as tarefas de extinción os bombeiros de Ribeira e Boiro

    O interior da vivenda quedou totalmente calcinado, pero o lume non afectou a estrutura do edificio.

    {flowplayer}barbanza/incendioapobra.flv{/flowplayer}

    Na casa residía un home coa filla unha meniña de catro anos. Ningún dos dous se atopa no interior no momento do incendio. Os indicios sinalan o inquilino como presunto autor do incendio, xa que se trata, tal e como confirmaron o propietario da vivenda e os veciños, nunha persoa conflitiva, coñecido na localidade por protagonizar varios altercados. Ademais, segundo confirmou un familiar do propietario, o inquilino debíalles varios meses de aluguer.

    Redacción Barbanza