O torneo Otero Gamma reúne en Fontecarmoa a centos de ximnastas

ximnasia250_300609.jpgVILAGARCÍA> Esta pasada fin de semana disputouse o IV Torneo Otero Gamma de Ximanasia Rítmica. Unhas 200 rapazas participaron nesta proba na que o club organizador, o Rítmica Arousa, acadou uns excelentes resultados.

Medio milleiro de espectadores déronse cita no pavillón de Fontecarmoa para seguir de preto as evolucións das ximnastas no Torneo Rítmica Otero Gamma. Unha competición organizada polo club da Illa Ximnasia Rítimica Arousa, que vai xa pola súa cuarta edición e que polo tanto se está a consolidar dentro do calendario deportivo da comarca.

Os anfitrións colleitaron uns resultados dificilmente superables, con 6 ouros e 40 medallas en total. Unha actuación sobresaínte tendo en conta que participaban máis de 200 rapaces e rapazas, de 22 clubes de toda España.

A competición estivo dividida en tres categorías: escolar, promoción e federada. Por equipos, e en promoción, o benXamín e o alevÍn do Rítmica Arousa subiron ó máis alto do podium. Tamén o fixeron en individual Jennifer Fernández, en benxamín promoción, Estafanía Dios en senior federado con pelota, Noelia Feijoo no cadro infantil de base e Andrea Chaves en cinta infantil federado.

Dende o club da Illa prometen volver a celebrar este evento en sucesivas ocasións e agardan poder facelo na Illa, cando esta poida desfrutar dun pavillón que conte coas condicións necesarias.

Agora, neste mes de xullo, tócalle descansar ó Ximansia Rítmica Arousa. Retomarán a actividade en agosto. As últimas en marcharse de vacacións serán Andrea Nieto e Estefanía Dios, que competirán no Campionato de España de conxuntos esta fin de semana.

Redacción Salnés