Arosa e Ribadumia protagonizan un derbi de altos vóos

SALNÉS> Das citas deportivas da fin de semana destaca ese derbi da Lomba entre Arosa e Ribadumia. Ademais, nesta xornada o Céltiga recibe a un rival directo polo ascenso como o Barco mentres que o Portonovo busca proseguir coa súa recuperación a costa do Verín.

Arosa e Ribadumia mídense no que é sen dúbida o derbi máis interesante entre ambos dos últimos tempos. Os dous pelexan polas prazas de ascenso e arestora ocupan a segunda e a terceira posición da táboa, separados por tres puntos de diferencia e tan só precedidos polo Choco. Ben é certo que os vilagarciáns terán o factor campo ó seu favor se ben este ano os de Lino González perderon máis puntos na Lomba que fóra dela. Á cita chegan, iso sí, nunha excelente xeira de resultados logo de acadar tres victorias consecutivas.

Tamén chega ben un Ribadumia que sumou 9 dos últimos 12 puntos en liza. Se ben os da Senra chegan á cita con varias baixas por sanción, o seu amplo plantel failles ser competitivos sexan cales sexan as circunstancias.

Ambos saben da importancia do partido, para encarar con optimismo as vindeiras citas. O Arosa por exemplo, visitará ó Choco a semana que ven mentres que os de Pablo Vázquez agardan tres osos duros de roer como Barbadás, Céltiga e Pontellas.

Precisamente o Céltiga recibe este domingo á revelación da liga, o Barco. Logo de dúas espectaculares remontadas que lles reengancharon á cabeza ós de Manuel Núñez buscan a seriedade defensiva ante un conxunto o ourensán que baixou o ritmo nas últimas semanas e leva catro xornadas sen gañar.

Máis sinxelo antóllase o rival para o Portonovo, que tras superar a súa mala xeira de resultados quere seguir remontando posicións. O Verín visita Baltar, noutros tempos un rival temible pero agora 16º na táboa e segundo equipo que máis goles encaixa. Iso sí, chega no mellor momento da temporada tras sumar dous triunfos e dous empates nas últimas catro xornadas.

Redacción Salnés