O Xuven, ó asalto da terceira posición en Carballo

SALNÉS> Un Establecimientos Otero lanzado cara a fase de ascenso busca a súa sexta victoria consecutiva ante o Carballo. Na Liga Femenina o Extrugasa volve a xogar na casa, desta volta ante o Cadi La Seu D’Urgel.

Coa intención de resarcirse canto antes da abultada derrota sufrida en Valencia, o Extrugasa recibe ó Cadi La Seu D’Urgel en Fontecarmoa. As vilagarciáns queren facer da súa cancha un fortín nesta segunda volta onde os enfrontamentos máis duros serán coma visitante. Se ben ante o Ros Casares o máis normal era perder, non seo do equipo non gustou como caeron, por 38 de diferencia. Por iso teñen gañas de sumar o noveno triunfo, deixar atada definitivamente a permanencia e seguir soñando coa posibilidade de meterse en Europa para a temporada que ven.

Á Seu xa foron quen de vencelo na súa pista, no partido de ida. As catalanas chegan con ánimos de revancha e tamén coa necesidade imperiosa de gañar, xa que ocupan o penúltimo posto na xeral e agora mesmo perderían a categoría. Francielle Aparecida e Astou Traore son as súas mulleres de referencia. No bando local, tódalas xogadoras están a disposición de Tito Díaz aínda que varias delas arrastraron molestias durante esta semana.

Na Liga EBA, novo desplazamento a unha cancha difícil do Establecimientos Otero de Cambados. Os de Diego Doval veñen de arrasar ó Ourense Capital Termal, e coa moral polas nubes visitan ó Carballo, terceiro na táboa. Pode ser un partido determinante para o Xuven, xa que de gañalo quedaríanse a un paso do terceiro posto da xeral, que dá dereito a xogar a fase de ascenso, mentres que de perdelo afastaríanse moito dese obxectivo.

Redacción Salnés