Chega a XIII Concentración Moteira Ría de Noia

NOIA> O concello de Noia acollía esta mañá a presentación da concentración Moteira Ría de Noia, un evento que esta ano chega a súa trece edición, da man da Asociación Mototurística Ría de Noia. A cita terá lugar os días 12, 13 e 14 de agosto.

Dende a organización teñen preparado un amplo e variado programa de actividades, que incluirán propostas lúdicas e gastronómicas, con rutas e degustacións por varios puntos da comarca, unha delas de noite con antorcha para lembrar os moteiros falecidos.

Tamén haberá tempo para exhibicións  e espectáculos como é o caso do que ofrecerán Maikel Melero, Francis Costella e Paulo Martinho.

Dende a organización agardan unha gran participación, esperando superar o millar de participantes.

Tamén agradecen a colaboración das empresas e casas comerciais que colaboran coa cita xa que sen a súa axuda sería practicamente imposible poder organizala.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí