Ahituvi aplaude a ordenanza das terrazas pero presentará alegacións

    terrazas100_070709.jpgVILAGARCÍA> Os hostaleiros de Vilagarcía presentarán alegacións á nova ordenanza reguladora de terrazas e toldos.

    {flowplayer}images/salnes/terrazas_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O pleno de Vilagarcía debate o vindeiro día 30 unha nova ordenanza reguladora das terrazas e toldos. Arestora está en período de exposición e a concellería de Turismo e Comercio presentoulles onte un borrador ós hostaleiros da cidade.

    A Asociación de Hostalería e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía acepta en liñas xerais esta proposta, pero Ahituvi comunicoulle á edil que ten intención de presentar algunhas alegacións. A ordenanza indica que tódolos establecementos deben recoller pola noite as cadeiras e as mesas das terrazas e gardalas dentro do local.

    Os hostaleiros explicáronlle á concelleira que no verán xa teñen bastante traballo como para facer esa tarefa a diario, e que ademais os locais non teñen espazo suficiente para gardar eses mobles. O que propoñen é que durante o verán se lles permita amorear cadeiras e mesas fóra, deixando espazo libre na rúa. A edil Rosa Abuín adiantou que introducirá esta alegación no texto definitivo da ordenanza.

    O Concello pretende con esta ordenanza homoxeneizar as terrazas por rúas e prazas e que todas cumpran a normativa de accesibilidade e a urbanística. Se sae aprobada no pleno, prohibiranse os toldos fixos como os que hai agora na Baldosa, polo que os seus propietarios deben remodelar as súas terrazas. Tampouco se permitirán anclaxes fixos ó chan.

    Estas medidas implicará un substancial cambio no aspecto das terrazas e, nalgúns casos, suporá un desembolso considerable de diñeiro para os hostaleiros. Unha vez aprobado no pleno, haberá un prazo para presentar alegacións e concederase unha moratoria de seis meses, polo que non entraría en vigor ata o verán que vén.

    Redacción Salnés