O Showroom do Acebo mostrará todas as opcións á hora de organizar un evento

VILAGARCIA> Se está pensando en organizar un gran evento nas próximas datas tomen nota. Porque Divinity Glamour volverá realizar un showroom para mostrar as mellores opcións para a celebración dunha cerimonia. Terá lugar o sábado no restaurante Acebo de 11 da mañá a 9 da tarde.

Divinity Glamour volve a organizar un showroom para mostrar as mellores maneiras de celebrar un evento. No showroom bbc, vodas, bautizos e comuñóns, os diferentes establecementos, marcas e organizadores de eventos exhibirán unha ampla variedade de detalles para marcar diferenzas. Terá lugar no Acebo o sábado 25 a partir das 11 da mañá.

No showroom do Acebo participarán 22 stands cunha gran variedade de produtos. Pero a cita inclúe moitas máis actividades.

O showroom do Acebo volverá a contar cun desfile no que amosar as mellores vestimentas para acudir ou celebrar un evento. Nesta ocasión coa gran novidade da coroación de mis consumo.

A cita completarase cuns canapés e unhas tapas de polbo para os asistentes. A entrada é gratuíta e dende a organización agardan superar os 200 visitantes que asistiron ao anterior showroom.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí