O PP de Vilagarcía cre que Fole sofre unha campaña de acoso

    VILAGARCÍA > A xestora do PP de Vilagarcía cre que o voceiro do seu grupo municipal Tomas Fole está sendo víctima dunha campaña de acoso e derribo. Este sábado compareceron ante os medios de comunicación para amosar publicamente o seu apoio a Fole e para criticar que o PSOE, e en concreto o alcalde de Vilagarcía, se fixese eco de rumores para atacalos electoralmente.

    A xestora do PP de Vilagarcía saíu ó paso deses rumores. Así desmentiron que a renuncia ó cargo de edil de Maribel Fernández estivese provocada por unha suposta actitude sexista e discriminatoria. O PP tamén criticou a filtración á prensa dun acta que aseguran está manipulada e que non foi aprobada en ningunha reunión da xunta xestora local. Neste documento recollíanse as desavenencias dentro do organismo e os presuntos ataques a Maribel Fernández.

    Mentres, o relevo no grupo popular segue pendente. Tomas Fole denunciou que as credenciais para sustituir ós tres dimisionarios aínda se enviaron o pasado mércores día 15, o que practicamente imposibilita que se incorporen no vindeiro pleno no que se debatirá o orzamento deste ano.

    O alcalde de Vilagarcía Javier Gago tamén saíu ó paso este sábado das críticas recibidas por parte do grupo popular a algúns proxectos do goberno municipal. Na súa opinión, os problemas que vive o PP local fixeron que Tomas Fole perdera o norte. Gago cre que ó portavoz do PP Tomas Fole lle molestan actuacións que buscan o progreso da cidade.

    Tamén lle sorprende ó alcalde que o acuse de incompetencia e prepotencia cando o propio dirixente popular foi obxecto de acusacións deste tipo por parte dos seus propios compañeiros de grupo. O rexedor vilagarcián asegurou incluso que unha crise así no PSOE causaría dimisións.

    Redacción Salnés