Vilagarcía tamén se manifesta conta a Lomce e as reválidas

    Vilagarcía> Vilagarcía vivíu hoxe unha xornada de folga xeral contra a Lomce e as reválidas con manifestación nesta vila. Unha mobilización que foi convocadas pola coordinadora de Anpas na capital arousá. Nesta xornada reivindicativa estudantes, nais, pais e profesores manifestaron a súa negativa ante esta nova lei e pediron que o Goberno en funcións de Mariano Rajoy de marcha atrás ante o que os manifestantes calificaron como un retroceso na educación. 

     

    Xornada de folga xeral na educación en contra da Lomce e das reválidas. Unha xornada que se viviu intensamente en Vilagarcía de Arousa. Alí a coordinadora de Anpas convocou unha manifestación para amosar a súa negativa ante esta nova lei e novas probas que aprobou o goberno en funcións de Mariano Rajoy. Nesta mobilización puidemos escoitar as razóns polas cales as nais, pais, alumnos e profesores están totalmente en contra desta normativa. 

    O obxetivo destas mobilizacións non é outro que levar a reflexión ao Goberno de Mariano Rajoy e loitar para derogar esta lei, que segundo eles mesmos dixeron esta mañá, é un auténtico retroceso no sistema educativo público español. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/26/manifa_lomce _600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/26/manifa_lomce.mp4{/flowplayer}