CALDAS> Hoxe dou comezo o curso sobre inmigración organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Caldas.
A través de obradoiros e mesas redondas, especialistas das universidades galegas e do resto de España, proporcionarán os seus coñecementos aos participantes no curso, para acadar o seu obxectivo: ser un espazo para o intercambio e a transformación social. A presenza de inmigrantes en Caldas de Reis está moi diversificada, tendo xente de ata trinta países distintos. Un cincuenta por cento mulleres e a maioría, de idade laboral, entre os dezaoito e os sesenta anos.
A Secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, coordina a reforma da Lei de Estranxeiría, segundo ela, unha lei que desata toda clase de paixóns no seu debate. Polo seu coñecemento de preto, sobre esta lei, afirmou con rotundidade que levala a cabo será unha prioridade para o goberno español
Na lei, búscase a normalización da convivencia e está dirixida a toda a cidadanía, españois e estranxeiros, destinando partidas por parte do goberno, de mais de mil millóns de euros
O subdelegado do goberno, Delfín Fernández estivo presente na inauguración do curso. Nos vindeiros meses, agárdase que o esforzo do goberno nacional, de os seus froitos e poida entrar en vigor a Lei de Estranxeiría canto antes.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/CURSO_INMIGRACION.flv{/flowplayer}