ADEGA rexeita a ponte sobre a ría polos danos ambientais e paisaxísticas

adegavariantenoia_100_080709.jpgNOIA> ADEGA considera inaceptable a proposta da Xunta de recupera-lo viaduto sobre a ría, polo seu grave impacto ambiental sobre o ‘Esteiro do Tambre’.

{flowplayer}barbanza/adegaviadutonoia.flv{/flowplayer}

Dende ADEGA sinalan que a construción do viaduto, de máis dun quilómetro de lonxitude, afectaría a todo o espazo protexido, degradando irreversiblemente os seus valores naturais.

Como indica o Estudo de Dinámica Litoral elaborado pola Fundación Leonardo Torres Quevedo da Universidade de Cantabria, e incluido no dossier do proxecto, a construción do viaduto conlevaría cambios na circulación de correntes no esteiro modificando o rexime sedimentario e a composición das augas.

Afección ós bancos marisqueiros

Este transcendental feito foi, segundo os membros do colectivo ecoloxista, sistemáticamente ocultado tanto pola anterior como pola actual administración do PP. Ademais, na época na que Henrique López Veiga era conselleiro de Pesca emitíuse un informe negativo ó viaduto polas graves afeccións ós bancos marisqueiros por cambios nas correntes e nos patróns de acumulación de area do proxecto.

Por esta razón dende ADEGA entenden que o viaduto porá en serio risco os bancos marisqueiros do Testal, A Misela, A Barquiña e A Escolleira, na ría noiesa, de onde se extrae entre o 22% e o 27% da produción de berberecho de Noia, véndose afectados tamén os bancos do esteiro do Tambre, explotados de forma conxunta polas confrarías de Noia, Muros, Porto do Son e Portosín.

Para os membros da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia a construción do viaduto entre punta Abruñeiras e O Testal irromperá tamén na liña de costa noiesa destruindo definitivamente o horizonte marítimo da ría, eliminando un dos patrimonios máis importantes da vila: a súa fachada marítima, polo de atracción turística e elemento intrínseco do patrimonio municipal.

Dende ADEGA sinalan que a razón principal para a construción desta infraestrutura é evitar o paso do tráfico polo centro de Noia e solucionar as retencións nos meses de verán. Pero o viaduto non é a solución, simplemente trasladará xeograficamente os problemas de tráfico dunha zona a outra.

Redacción Barbanza