POBRA> Os pobrenses dixeron adeus onte ás festas do Nazareno. Fixérono coa tradicional verbena na Praza Alcalde Segundo Durán a cargo da orquestra Olympus.
Pero sen dúbida un dos principais atractivos da derradeira xornada festiva foi o gran espectáculo de fogos artificiais e acuáticos que se desenvolveu a partir da medianoite no paseo da praia do Areal.
O espectáculo pirotécnico congregou a pé de praia e tamén nas zonas próximas como é a explanada portuaria ou o peirao a numerosos veciños e forasteiros.
Foi o broche de ouro final a unha cita festiva moi agardada e desexada na Pobra.