Lousame amplía a súa área de referencia sanitaria

areasanitarialousame.jpgLOUSAME> O alcalde mantivo un encontro co Xefe de Atención Primaria do SERGAS para aclarar a polémica derivada da reestruturación do servizo.

{flowplayer}barbanza/areasanitarialousame.flv{/flowplayer}

A partir de agora, os pacientes do municipio poderán elixir entre o hospital do Barbanza e o Clínico de Santiago para a consulta de certas especialidades. Trátase dunha situación opcional que non afectará ós pacientes que manterán o CHUS como centro de referencia.

Ante as diversas interpretacións do decreto publicado o pasado sete de outubro no DOG sobre a reestruturación organizativa do servizo de atención primaria, o alcalde de Lousame quixo enviar unha mensaxe tranquilizadora ós cidadáns.

Máis opcións

Santiago Freire explicou que a introdución das áreas de xestión integradas non suporá prexuízo algún para os pacientes senón todo o contrario xa que a partir de agora poderán elixir o centro hospitalario que mellor se adapte ás súas necesidades.

O xefe de Atención Primaria explicou que o decreto contempla a implantación dunha subárea no hospital do Barbanza que xestionará, a nivel organizativo, varios centros de saúde entre os que se atopa o de Lousame. A nivel asistencial, os pacientes poderán elixir se desexan ser atendidos no centro comarcal ou ben no Clínico que segue a ser o seu hospital de referencia.

Dende o SERGAS aclararon que este sistema xa está a funcionar con total normalidade noutros concellos como o de Carnota, xestionado pola subárea do hospital de Cee.

Redacción Barbanza