Ribeira pon en valor os seus produtos do mar no salón Gastromar

RIBEIRA> A praza de España foi o lugar escollido para celebrar a primeira edición da Feira Gastromar. Unha novidosa proposta gastronómica organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira, en colaboración con outras entidades vinculadas co sector marítimo-pesqueiro.

A finalidade do evento non era outro que promocionar os produtos do mar capturados pola flota local. Un aspecto que destacou a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana,  durante o acto inaugural da feira.

Tamén colaborou coa proposta o Concello….

Entre as especies que puideron degustarse na Feira estaban o xurelo, a xarda, o lirio ou o congro, sen esquecer tampouco outras especies con maior tirón como é o caso do mexillón, a navalla ou a ameixa.

Ó mesmo tempo, a cita tamén serviu para promocionar a cociña local. Así programáronse diferentes obradoiros, demostracións e degustacións de receitas elaboradas con peixes e mariscos, incluíndo tamén a participación de varias foodtrucks.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí