As Revenidas de Vilaxoán trae a máis de 70 músicos

revenidas100_080709.jpgVILAGARCÍA> Vilaxoán celebra os vindeiros días 17 e 18 as Revenidas. Música e sardiñas son os ingredientes principais desta cita.

{flowplayer}images/salnes/REVENIDAS.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Vilaxoán celebra os vindeiros días 17 e 18 as Revenidas. Música e sardiñas son os ingredientes principais desta cita.

A festa arranca o próximo venres pola noite. E o primeiro en subirse ó escenario será o grupo local Lusco e Fusco. Tras el actuarán outros cinco grupos, entre os que destacan os franceses Skarface, que xa teñen 13 discos editados. O sábado o festival continúa o sábado pola noite coa actuación doutros seis grupos, entre eles Alamedasoulna show. A asociación A Repichoca, organizadora da festa, destaca que pasarán máis de 70 músicos por Vilaxoán durante as Revenidas.

No apartado gastronómico as protagonistas son as Revenidas, como lle chaman ás sardiñas. O sábado haberá dúas degustacións no parque dona Concha. A primeira tralo chupinazo ás dúas da tarde e logo repetirase ás oito e media. O programa complétase con malabares, circo, títeres e máis música, durante a tarde do sábado.

A organización traballa agora por asegurar o lugar onde van celebrar os concertos, na explanada portuaria. Portos de Galicia ten intención de construír alí unha caseta para os gardas pero tratarán de que se pospoña a obra ata despois das Revenidas.

Redacción Salnés