![]()
GROVE> O Gran Hotel de La Toja acolleu esta mañá a presentación da Bandeira Telefónica-Gran Premio Concello do Grove de traiñas. É unha proba organizada polo Club de Remo Mecos, na que non participará o anfitrión, xa que está encadrada na Liga San Miguel. Tamén se porá en marcha a liga feminina, Euskotren.
{flowplayer}images/salnes/bandeiragrove_080709.flv{/flowplayer}
Tralas probas de Bilbao e Portugalete a Liga San Miguel fai a súa terceira parada no Grove. O sábado, en Pedras Negras, daranse cita as doce embarcacións que participan na máxima categoría nacional de traíñas, con saída da primeira quenda ás seis da tarde.
Haberá dobre representación galega: Tirán e Meira, que arestora ocupan a cola da clasificación xeral, son antepenúltimo e penúltimo, respectivamente. Non haberá representación local xa que ambas militan na Liga Galega, polo que nin Amegrove, nin en este caso o club organizador, CR Mecos, poderán loitar polo triunfo.
Xunto a Juan Ramón Outeda e Xosé Anotnio Cacabelos hoxe estivo presente o xerente da ACT, Iñaki Mikeo, que destacou o esforzo feito polo conxunto da sociedade grovense para poder acoller unha proba destas características. Mikeo agasallou ó alcalde cunha txapela típica do País Vasco.
Antes da regata masculina, porase en marcha a liga feminina, a Euskotren, coa primeira proba puntuable na que loitarán pola victoria catro seleccións: Bizcaia, Guipuzcoa, Galicia e Cataluña.
Por outra banda o alcalde aproveitou a presentación para adiantar unha nova: O Grove será, con case total seguridade, liña de meta da primeira etapa da regata Rías Baixas.
Redacción Salnés







