Gran calidade e variedade no Ciclo de Butacas de primavera

PONTEVEDRA> Xa está todo preparado para que arrinque a segunda fase de Ciclo de Butaca. A Banda de Música de Pontevedra levará a cabo cinco concertos nos que ofrecerá unha gran calidade e variedade musical. A primeira cita deste evento será o domingo no Teatro Principal, coa interpretación de “Ventos do Nordés”.

A Banda de Música de Pontevedra volve co segundo Ciclo de Butaca, e o fai cunha programación variada e de calidade.

O Ciclo de Butaca de primavera comezou o día 10 e continúa este domingo coa interpretación de “Ventos do Nordés”. A actuación será ás 12.30 horas no Teatro Principal.

O director da Banda de Música de Pontevedra anunciou tamén a entrega dos mil euros recadados no concerto solidario do pasado xaneiro á ONG Destino Uganda.

Polo Ciclo de Butaca pasarán nos meses de abril e maio grandes directores internacionais como Frank de Vuyst ou David Pérez Trigo. Unha programación que acadou xa a categoría de “clásico” na cidade.

Comments are closed.