![]()
O GROVE> Un veciño do Grove, Jacobo Ventoso Soutullo, denuncia que o seu inquilino lle ven de propinar unha brutal malleira logo dunha…
{flowplayer}images/salnes/080709_agresion_no_grove.flv{/flowplayer}
… discusión sobre os pagos pendentes da luz. Os feitos aconteceron o pasado día 30 na porta do inmoble, situado na rúa Sol. Cando o propietario se atopaba pintando o interior, Juan José, que así se chama o inquilino comezou a mallar nel sen darlle tempo máis que a saír a rúa na procura do auxilio dos veciños. Ventoso ten fotos, dous partes médicos e unha denuncia que certifican a cantidade de golpes que recibiu.
A orixe deste refrega reside nunha charla que ámbolos dous mantiveron o día anterior á malleira, na que non chegaron a un entendemento sobre as débedas pendentes; que ascenden a un total de 74 euros de luz e unha mensualidade do 2006.
Nestes cinco anos que leva alugando este piso a esta familia, Jacobo Ventoso asegura que nunca foron ben as cousas: os pagos sempre se atrasaron, e o inquilino mesmo lle rompía as tellas e ameazaba os veciños. É mais, este propietario asegura que esta persoa é moi violenta e que todo o mundo no Grove lle ten medo, logo de que xa ameazase e rifase con moita xente neste Concello. Malia todo, asegura non ter medo e que vai a seguir loitando polo seu piso de alugueiro; con axuda da xustiza.
Redacción Salnés







