Ravella e ADOS apelan a solidariedade dos vilagarciáns para doar sangue

VILAGARCIA> Coa chegada do verán dende a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos recordan que os enfermos “non van de vacacións” e que se precisa un maior compromiso da cidadanía para conseguir doazóns. Ravella e Ados presentaron no consistorio apelan a solidariedade dos vilagarciáns.
Os hospitais galegos precisan unhas 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os enfermos que a precisan. Por iso dende o concello de Vilagarcía impulsan, xunto coa a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos, unha nova chamada a cidadanía para intentar conseguir que coas vacacións ese compromiso non diminúa na época estival senón que aumente.
Poden doar todos aqueles cidadáns que teñan entre 18 e 65 anos, que pesen máis de 50 kilos e que non sufran ningunha doenza. A directora de Ados destacou na súa intervención a solidariedade dos vilagarciáns aínda que asegurou que pode aumentar.
Un dos autobuses de doazóns estará en Vilagarcía os vindeiros 5 e 6 de xullo na rúa Castelao, zona peonil, xunto ao río do Con, en horario de 10 a 14h e de 16:00 a 21:00h. Tamén estará o sábado día 7, aínda que o horario será de 10:15 a 15:00h.