A Deputación fará posible a reforma da Casa do Pescador de Vilanova

    louzan_100.jpgVILANOVA> O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, estivo esta mañá en Vilanova para asinar o convenio que ten por obxecto a reforma e…

    {flowplayer}images/salnes/louzan_vilanova.flv{/flowplayer}

     … rehabilitación da Casa do Pescador. Con el, tamén asinaron este convenio o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán e representantes da Confraría de Pescadores. O custe destas obras oscila entres os 240.000 euros, dos que, a practica totalidade dos mesmos serán financiados pola deputación. O obxectivo é o de adecuar este centro as necesidades actuais.

    Nesta visita a Vilanova, o presidente da Deputación tamén puido visitar a nova oficina do Oral que facilitará a recadación de impostos por parte do Concello. Louzán tamén quixo recordar, que o vindeiro mércores se adxudicará a segunda fase da estrada Baión-András que contará cun presuposto de 600.000 euros. Destacou a importancia desta estrada así como a colaboración prestada por todos os veciños para a realización das obras. O presidente da Deputación resumiu o momento no que se encontra o estado das mesmas.

    A inversión realizada irá destinada o ensanche da carretera, a construción de paseos e cunetas, a mellora da drenaxe e no afirmado da zona ensanchada así como a sinalización horizontal e vertical.

    Por último Louzán falou sobre a construción do novo campo de herba sintética de Pontearnelas, en onde apuntaba o seu avanzado estado. Neste senso, Gonzalo Durán, quixo recordar que terá unha capacidade para 300 persoas e onde se está a facer fincapé unha estrutura máis elaborada e diferente.

    Redacción Salnés