Os comerciantes repiten a Feira de Oportunidades para sortear a crise

    feiraoportunidades copia.jpg CAMBADOS> Abrirá o venres no Paseo da Calzada, contará con 36 stands e, menos xoiería, poderemos atopar de todo.

    {flowplayer}images/salnes/FEIRA_OPORTUNIDADES_CAMBADOS_PTAC2011.flv{/flowplayer}

    Preto de 500 metros cadrados de expositores cubrirán desde o venres e ata o domingo o paseo da Calzada de Cambados. Os comerciantes tomarán o relevo ós participantes na Feira Europea do Viño para instalar as 36 casetas que este ano compoñen a Feira de Oportunidades, ademais dunha carpa de 10 metros e unha ‘jaima’. Desde a Asociación Cambados Zona Centro aseguran que este ano recibiron un récord de solicitudes, e incluso houbo establecementos que tiveron que quedar sen participar. Esta alta demanda do sector foi o que os animou a convocar este mercado despois de terse celebrado unha edición no ano pasado.

    Tres gardas xurado contratados a unha empresa de seguridade encargaranse de vixiar que non se produza ningún roubo nas instalacións polas noite. Menos xoiería, din en Cambados Zona Centro, poderemos atopar de todo e con descontos garantidos. Os stands estarán abertos en horario ininterrompido de 10 da mañá a dez da noite e o acto inaugural contará coa presenza da directora xeral de Comercio Nava Castro.

    Redacción Salnés