Sanxenxo estréase en FITUR como Municipio de Preferente Actuación Turística

MADRID> Sanxenxo, un dos grandes referentes turísticos de Galicia tamén estivo presente en FITUR. O municipio participou na edición deste ano para explica-lo seu plan para o sector, logo de ser declarado Municipio de Preferente Actuación Turística. Ademais, ofreceu unha imaxe de turismo activo e familiar para os 12 meses do ano.

Trátase do primeiro municipio galego en ser declarado territorio de preferente actuación turística, unha medida aprobada polo Pleno sanxenxino e ratificada pola Xunta de Galicia. A medida non só mellorará os servizos que recibe o visitante, senón que tamén terá efecto directo sobre, por exemplo, as axudas que recibirá no futuro o Concello.

O alcalde de Sanxenxo aproveitou o seu paso por FITUR para presentar unha localidade aberta ao turismo os 12 meses do ano.

Ademais, representantes do Concello mantiveron tamén unha reunión co presidente de Segittur. O encontro chega despois da sinatura dun convenio que busca estuda-las necesidades cun concello eminentemente turístico como é o de Sanxenxo.

Telmo Martín puxo en valor tamén o convenio xa en marcha entre Segittur e a Mancomunidade do Salnés para a implantación das novas tecnoloxías no municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí