Vilagarcía contará cun novo Cuartel da Garda Civil no 2012

    foto_gc_100.jpgPONTEVEDRA> O Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García e o Secretario Xeral…

    {flowplayer}images/salnes/100709_novo_cuartel_garda_civil.flv{/flowplayer}

     … da Xerencia de Infraestructuras e Equipamento da Seguridade do Estado, o Xeneral Gonzalo Jar, reuníronse esta mañá en Pontevedra para ultimar os detalles da cesión do solar no que se vai a construír o novo Cuartel da Garda Civil en Vilagarcía. Este acordo sobre a cesión dunha parcela de 7.765.13 metros cadrados está agora pendente da súa aprobación en pleno e por parte do Consello Rector da Xerencia en Madrid.

    A partir da súa aprobación, podería adxudicarse no primeiro trimestre do ano que ven, e segundo as previsións, podería ser unha realidade en dous anos a partir desa data. Neste acordo tamén se contempla a cesión do pavillón e as oficinas da antiga comisaría de Policía.

    As partes implicadas salientaron a importancia deste acordo para Vilagarcía, logo dun longo proceso negociador. Unha vez construído, este cuartel dará servicio á compañía que opera nos Concellos da Comarca do Salnés ata a de Caldas e Cuntis.

    Redacción Salnés