A presidenta da Comisión Europea de Pesca recolle as demandas do sector na lonxa de Ribeira

RIBEIRA>A presidenta da Comisión Europea de Pesca, Carmen Crespo, visitou a lonxa de Ribeira. alí mantivo un encontro con representantes do sector pesqueiro para recoller as súas demandas coa intención de trasladalas ó Parlamento Europeo.

Acompañada voceira dos populares ribeirense, María Sampedro, e a presidenta do PPdeG, Paula Prado, a presidenta da Comisión Europea de Pesca visitou a lonxa de Ribeira. Alí, ademais de coñecer as instalacións, das que destacou a súa modernidade e aposta pola innovación, tivo ocasión de reunirse con representantes do sector que lle trasladaron as súas demandas.

Carmen Crespo comprometeuse a facer chegar  estas demandas ó novo Comisario Europeo co obxectivo de reflotar un sector clave para diversificar a costa.

Criticou o veto imposto ó arrastre de fondo e os recortes de cota que están a poñer en risco a determinados segmentos de flota. Entre os seus obxectivo destacou a necesidade dunha reforma da Política Pesqueira Común.