ABAS e o concello da Pobra organizan o certame de relatos ‘Historias de Mulleres’

POBRA> O concello da Pobra e a Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade organizan o Primeiro Concurso de Relatos Curtos ‘Historias de Mulleres’. Trátase dunha iniciativa que pretende concienciar á sociedade sobre a igualdade de xénero. A idea de organizar este certame partiu da Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade co obxectivo de concienciar á sociedade sobre a igualdade, o machismo e a violencia de xénero. Haberá dúas categorías, unha xuvenil e outra de adultos. O concello colabora na concesión dos premios que consistirán en lotes de libros e cheques regalo do comercio local. Os interesados en presentar os traballos dispoñen de prazo ata o dez de novembro. Poden facelo a través do enderezo de electrónico da asociación.