Nena Daconte, Coti e M-Clan actuarán na Festa do Albariño

albarino_cartel100_100709.jpgCAMBADOS> O alcalde Luis Aragunde presentou esta mañá no concello a 57 edición da Festa do Albariño,

{flowplayer}images/salnes/albarino_100709.flv{/flowplayer}

CAMBADOS> O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, realizou esta mañá no concello o acto de presentación da 57 edición da Festa do Albariño, acompañado polo presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, José Ramón Meiriño, e o canciller do Capítulo Serenísimo do Albariño, Pedro Piñeiro.

A partir do 29 de xullo e ata o 2 de agosto, Cambados convértese na terra do viño branco. Este ano, a festa terá un presuposto que ronda os 300.000 euros, e que contará con axudas procedentes da Xunta e da Deputación. Arredor de 60 bodegas participarán este ano no concurso de viño, do que sairá un gañador elixido por 20 catadores, dos cales, 12 son expertos de fóra de Galicia. Os que se acheguen ó Paseo da Calzada de Cambados poderán gozar dos viños de 43 bodegas, algunhas menos que o ano pasado.

Nesta 57 edición, contarase coa presenza xa confirmada da xornalista Pilar Cernuda, que será unha das damas e a pregoeira. Os cabaleiros, este ano serán o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, o alcalde de Cambados e Pelayo de la Mata, da adega Pazo de San Mauro. A presentadora do acto de proclamación será a televisiva Consuelo Berlanga.

Nesta edición distinguirase como Xóvenes Albariñenses a Vivky Mareque (Adega Pazo de Señoráns), a Jorge Cardoso (Adega Aldea de Abaixo, do Rosal) e a José Álvarez (Adega Veira Aral, de O Condado). As Follas de Prata serán para Antonio Álvarez (viticultor de O Condado), para José Mª Giraldo, Gonzalo Ozorez, Antonio Crespo (presidente de AGADER) e para Ramón Huidobro (xerente do CRDORB). Mentres que os Albariñenses de Honra serán para Rafael Rey, do Observatorio Español del Mercado del Vino; Javier Gracia, Gran Mestre da Cofradía del Vino de La Rioja; e para o profesor Pocoví da Fundación Grande – Grande Covián.

Polas noites, a diversión está asegurada da man da Gala do Albariño, e polos concertos de M Clan, Nena Daconte e Coti. O alcalde de Cambados tamén quixo destacar a exposición ‘Cabanillas e os Artistas Galegos do seu Tempo’, onde haberá obras de Castelao, Asorey e Lloréns entre outros, e que se inaugurará o 23 de xullo. A peculiaridade nesta edición, corre da man do irmanamento do Capitulo Serenísimo coa Cofradía del Vino de La Rioja.

Redacción Salnés