Aguiño presume de Belén móbil

RIBEIRA> A parroquia ribeirense de Aguiño pode presumir de ter un dos beléns móbiles máis completos da comarca. Preto dun cento de figuras integran este nacemento emprazado no adro da igrexa.

Hai xa oito anos que o adro da igrexa de Aguiño loce así de fermoso durante o Nadal. Miguel Abraldes decidiu, a petición do alcalde, instalar neste espazo público o seu nacemento que en anos anteriores montaba na súa casa.

A dedicación de Miguel, que inviste horas e horas en dotar de mobilidade a estas figuras, converten a este Belén nun espectáculo único.

Destaca a coordinación de movementos entre os carpinteiros e o leñador que con cada golpe de hacha parte o tronco ou o balanceo de neno Xesús.

O belén permanecerá instalado fronte á igrexa de Aguiño ata despois de Reis. Para os que aínda non tiveron oportunidade de visitalo recomendámoslle que non deixen pasar a ocasión. máis de cincuenta figuras móbiles e outras tantas estáticas integran o nacemento de Aguiño que nada ten que envexar ó das grandes capitais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí