![]()
PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia intentará reducir este verán un 20 % os incendios forestais, tanto no seu número de focos como no de superficie ardida…
{flowplayer}images/salnes/130709_antiincendios.flv{/flowplayer}
…. respecto a última década. Estes son os obxectivos que se veñen de facer públicos hoxe, logo da reunión en Pontevedra do comité de Coordinación Policial Antiincendios na provincia. Nesta xuntanza unificáronse e coordináronse as forzas policiais por zonas.
Así, nas comarcas das Rías Baixas, a Policía autonómica vixilará e investigará nos concellos do Grove, Sanxenxo, Meaño, Barro e Poio; á policía nacional correspóndelle a zona de Pontevedra, Vilagarcía e Marín, ó Seprona Valga, Pontecesures, Portas, Caldas de Reis, Cuntis, Catoira, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia e Meis. Dentro destes concellos a Xunta prestará especial atención en toda Galicia a 12 zonas de especial vixilancia, dada a súa elevada carga incendiaria dos últimos anos, entre elas a de Vilagarcía-Pontevedra-Redondela.
Esta comisión tamén fixo balance da actividade da Consellería do Medio Rural no que vai de ano; no que destacan o número de investigacións postas en marcha. O Goberno galego disporá para as labores de vixilancia e extinción nesta provincia un total de tres helicópteros, 57 motobombas, 12 puntos de vixilancia e o teléfono de axuda 085; ademais de 1.266 efectivos; a maiores dos membros dos corpos de seguridade do estado.
Redacción Salnés









