O subdelegado do Goberno supervisa as obras con cargo ó Plan Anticrise

    delfin_fernandez_caldas_100_130709.jpgCALDAS> Delfín Fernández explicou que o Plan Estatal de Investimento local financia dez obras no concello por un valor de 1.700.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/plan_e_caldas.flv{/flowplayer} 

    O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández Álvarez, visitou Caldas para comprobar o estado no que se atopan as obras financiadas con cargo ó Fondo Estatal de Inversión Local. Acompañado polo alcalde, Juan Manuel Rey, o subdelegado do Goberno percorreu a praza de Palmeras e a rúa Silgadas. O plan español de estímulo á economía e ó emprego financia en Caldas 10 obras. Para este labor o concello conta cuns ingresos de 1. 700.000 euros, dos cales xa dispón nun 70% dende o mes de abril.

    Con esta iniciativa, Delfín Fernández aclarou que se pretende estimular o sector da construción, así como o emprego e a mellora do benestar dos cidadáns. Quixo adiantar que para o 2010, este plan investirá 5.000.000 millóns de euros entre os concellos españois facendo fincapé en tres grandes áreas. No caso de Caldas, o subdelegado do goberno, destacou o cumprimento dos obxectivos e dos prazos para os que estaban fixadas estas obras. Tamén sinalou como un punto positivo, que a meirande parte das empresas contratadas para a realización das mesmas, son da zona.

    O alcalde de Caldas comentou que con estes proxectos se necesitará o traspaso dos taxis a outra zona aínda non definida, e que, a praza de Palmeras converterase na paraza maior do concello Juan Manuel Rey, apuntou que toda esta renovación urbana vai acompañada dunha mellora do tráfico ó conectar a nacional 550 coa 640, e a xeración de aparcamentos.

    Redacción Salnés