A comunidade educativa do Emilio de Navasqüés leva a súa loita ata Santiago

    OUTES> Na concentración, ante a sede da Xunta en san Caetano, participaron pais, profesores e veciños en xeral. A chuvia que por momentos fixo acto de prensenza en Santiago, non impediu que unas cincocentas persoas, entre país, profesores, alumnos e veciños en xeral de Outes se mobilizaran en tres autobuses e en coches particulares para participar nesta convocatoria, na que tamén tomaron parte as comunidades educativas dos CPI’s Tomás de Lemos de Ribadavia e CPI Monte Caxado de As Pontes, para os que como en outes, a consellería de Educación decretou o seu peche para o vindeiro curso escolar. A finalidade non era outra que concentrarse diante da sede da Xunta de Galicia en San Caetano para mostrar o seu malestar polo peche do Emilio de Navasqüés. Coa protesta pretendían que a Xunta reconsiderase a súa decisión e non ter que trasladar ós rapaces ó outro colexio existente no municipio, o da Serra. A ANPA anunciou que continuará coas súas accións reivindicativas ata conseguir un cambio de postura por parte da Xunta.