BOIRO> Unha chamada dun veciño, ó redor das once desta mañá, alertaba ó 112 da presenza dun ciclista, duns 60 anos, tirado na estrada AC-305 ó seu paso polo núcleo boirense de Cespón.
Ata o lugar do suceso desprazouse rapidamente unha ambulancia medicalizada para atender á vítima.
A pesar dos esforzos do persoal sanitario por reanimalo, nada se puido facer, e acabou falecendo no punto.
Todo apunta a unha posible indisposición, aínda que nun primeiro momento sospeitouse que puidera ser un atropelo ou unha caída.
Ata o lugar do suceso desprazáronse tamén outros medios de emerxencia como é o caso de Policía Local e Protección Civil de Boiro así como varias dotacións da Garda Civil e de Tráfico.
Estes últimos encargáronse ademais de regular a circulación na zona durante o tempo no que se atendeu á vítima, xa que foi necesario cortar un carril.