Concluídas as reformas no centro de saúde da Pobra

A POBRA> O centro de saúde da Pobra foi obxecto dunha reforma  para mellorar a calidade asistencial ós pacientes. As actuacións acometidas supuxeron un investimento de 45 mil euros financiado a partes iguais por concello e Xunta.

O delegado provincial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente da área sanitaria do Barbanza, Eloína Núñez, visitaron o centro de saúde da Pobra para coñecer o resultado das melloras que se veñen de acometer. A actuación, próxima ós 45 mil euros confanciados por  Xunta e concello, supuxo a substitución das fiestras e encintado da fachada así como o pintado exterior do inmoble. Tamén se realizou a reforma da zona de consultas e dos baños da planta baixa.

Dende o concello agradeceron as melloras tan necesarias nun edificio que data xa de 1990; de aí a necesidade de contar cun novo centro de saúde na localidade; proxecto que permanece paralizado á espera de poder dispoñer dos terreos axeitados

Ademais desta actuación o delegado provincial destacou outros investimentos en materia sanitaria na comarca os centros de saúde que se atopan en proxecto ou as últimas intervencións no hospital do Barbanza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí