Concello e empresarios colaboran para erradicar o botellón

    abeerradicacionbotellon1000.jpgBOIRO> Malia que existe suficiente base legal para a regulación do botellón, boa parte dos concellos galegos seguen a convivir con esta práctica.

    {flowplayer}barbanza/abebotellon.flv{/flowplayer}

    É o caso de Boiro, no que administración local e empresarios colaboran na busca dunha solución que poña fin ás molestias derivadas das noites de movida na rúa.

    A principios desta mesma semana, o presidente da Asociación Boirense de Empresarios, mantivo un encontro con membros do executivo local para avanzar na adopción de acordos que poñan coto ós excesos da movida nocturna.

    Aplicación da normativa

    Os empresarios valoraron positivamente a boa acollida do concello que está disposto a facer cumprir a normativa e aplicar con dureza as sancións para erradicar o botellón, que coinciden en valorar como un problema de saúde pública.

    Ademais das consecuencias sobre a saúde dos menores, o botellón tamén ten os seus efectos negativos sobre as arcas municipais posto que só en concepto de limpeza ou arranxo dos desperfectos no mobiliario urbano supón un custo importante.

    Durante a xuntanza, avanzouse tamén na elaboración da ordenanza reguladora das terrazas, co fin de que reúnan uns requisitos comúns.

    Tralas boas impresións deste primeiro encontro, os empresarios quedaron emprazados para un novo encontro a finais de novembro no que xa se avanzarán as medidas concretas a adoptar.

    Redacción Barbanza