![]()
VILANOVA> Así o asegurou a conselleira de Traballo e Benestar durante a xuntanza que mantivo co rexedor vilanovés.
{flowplayer}images/salnes/140709_mato_vilanova.flv{/flowplayer}
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, realizou a súa primeira visita oficial ó concello de Vilanova. O motivo, manter unha xuntanza co alcalde para escoitar as demandas deste concello en materia laboral e de servizos sociais. A principal proposta que se puxo sobre a mesa foi a creación dun Centro de Día en Vilanova, un proxecto que podería ser unha realidade a partir do vindeiro ano. O primeiro paso será buscar o lugar axeitado para a súa construción.
A consellería de Traballo e Benestar comprométese así a impulsar un proxecto que o concello presentara xa ó anterior goberno da Xunta, pero que non se levou a cabo, segundo o rexedor vilanovés, pola falta dun espazo para construílo. Algo que para Gonzalo Durán non foi máis que unha escusa ofrecida polo bipartito.
Outra das peticións presentadas á conselleira foi a construción dunha Escola Infantil na parroquia de Baión, próxima ó polígono industrial, para facilitar que os seus traballadores poidan conciliar a vida familiar e laboral. Beatriz Mato tamén se comprometeu a axilizar a tramitación do Plan Concertado, para que Vilanova poida recibir unha serie de axudas en materia de servizos sociais.
Redacción Salnés








