VILAGARCIA> A veciñanza da rúa da Torre de Guillán ten medo a saír das súas casa cando as choivas son intensas. As obras de creación dun viñedo situado na parte superior das vivendas provocan que a auga baixe en tromba polas casas e as rúas, o que pon en risco o tránsito dos peóns. Inundacións, muros derrubados e rúas e vivendas embarradas son o resultado destas choivas.
Outro ano máis, a veciñanza da Rúa da Torre de Guillán sofre as consecuencias das intensas choivas. O problema dáse dende que comezaron as obras dun viñedo na parte superior das vivendas, nunha zona na que antes era monte. Agora a auga baixa sen control inundando casas e rúas e poñendo en risco o tránsito dos peóns.
As intensas choivas deixan nesta zona muros derrubados, casas inundadas e rúas embarradas e en mal estado.
A veciñanza descoñece quen ten a culpa, se o propietario, augas de Galicia ou mesmo o concello. Pero piden solucións urxentes.
A veciñanza reunirase o sábado co propietario do terreo para esixirlle novas medidas, xa que a gabia construída non é suficiente para frear a auga. Ademais tamén piden a Augas de Galicia para evitar que as trombas de auga afecten ao río e aos dous minerais que se atopan na zona.