A Mancomunidade do Salnés busca atraer visitantes á Variante Espiritual cun novo video promocional

RIBADUMIA> A Mancomundiade do Salnés presenta na comarca o novo vídeo promocional da Variante Espiritual. Un spot que busca transmitir aos visitantes os sentimentos que xorden ao camiñar por esta ruta. O obxectivo é atraer a máis peregrinos a percorrer o Salnés.

Despois do éxito acadado en fitur, a mancomunidade do Salnés presentou na comarca o seu novo vídeo promocional da Variante Espiritual. Un spot que busca transmitir os sentimentos que xorden ao percorrer esta ruta.

Para transmitir estas sensacións, o vídeo mestura paisaxes, música e narración.

O acto de presentación tivo lugar en Ribadumia e contou con representantes da mancomunidade do Salnés, do concello de Poio e co alumnado do obradoiro de marcketing do organismo comarcal. Dende Ribadumia destacaron a importancia destas promocións para incentivar o turismo na comarca.

Máis de 10 mil peregrinos percorren ao ano esta ruta Xacobea. Un visitantes que chegan de ata 55 países diferentes. Os traballos da Mancomunidade están enfocados a aumentar a cifra esta cifra de visitantes especialmente de cara ao Xacobeo 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí