Un ciclista morre atropelado por un camión na PO-531

    accidente_mortal_po531_100.jpgMEIS> Un veciño de Meis Manuel N.B. faleceu esta mañá, ó ser atropelado por un camión cando circulaba en bicicleta.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_MORTAL_PO531.flv{/flowplayer}

    MEIS> Un veciño de Meis faleceu esta mañá ó ser atropelado por un camión mentres circulaba en bicicleta. O sinistro sucedeu na PO-531 en dirección Vilagarcía, na zona coñecida como Alto de Curro, no Pazo, en Meis. Ó parecer, o condutor do camión non se decatou da presenza do ciclista ó saír da canteira de San Lourenzo.

    O sinistro aconteceu ás 11:35. O falecido, Manuel Núñez Buceta, tiña 66 anos e vivía no Pazo, en Meis, a poucos metros de onde tivo lugar o sinistro. O home ía en dirección Vilagarcía, cando un camión que saía da canteira de San Lourenzo, tamén nesa mesma dirección, non se percatou da presenza deste veciño que circulaba nunha bicicleta.

    Todo indica que ó incorporarse á estrada, o condutor do camión deulle coa parte dianteira esquerda facendo que o ciclista perdese o equilibrio e rematase no chan, pasándolle a roda do vehículo por encima da cabeza, e deste xeito, provocándolle unha morte inmediata.

    Os veciños que ata alí se achegaron e que o coñecían, recórdano como un home cunha grande vitalidade e apaixonado da bicicleta. O falecido, adicárase ó transporte de area e agora facía pouco tempo que estaba xubilado.

    Redacción Salnés