Un veciño de Vilanova falece tras ser atropelado

    atropelo_mortal_vilanova100.jpgVILANOVA> A Garda Civil ten aberta a investigación para atopar ao condutor do vehículo que atropelou a un veciño de Vilanova e se deu á fuga.

    {flowplayer}images/salnes/atropelo_mortal_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> A Garda Civil ten aberta a investigación para atopar ao condutor do vehículo que atropelou a un veciño de Vilanova de Arousa e logo deuse á fuga. Manuel Piñeiro, de 56 anos, bateeiro e residente na zona da Pantrigueira, faleceu no momento do accidente.

    Eran algo máis das dúas da madrugada cando a Garda Civil recibía a chamada que avisaba dun atropelo no quilómetro 0,7 da estrada PO 307, a que une Deiro e A Illa de Arousa, no lugar da Pantrigueira, en Vilanova. Foros os veciños os que puxeron en marcha o operativo que trasladou ao 061, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil.

    No lugar do atropelo non se aprecian pegadas de freada e a estrada non é moi luminosa, polo que se desprende que o condutor, máis que ver, sentiu, ao peón falecido. Todo apunta a que o impacto foi ca parte frontal dereita do vehículo. O falecido, Manuel Piñeiro deixa tres fillos.

    Redacción Salnés