A Deputación de Pontevedra reparte as axudas ós clubs

axudas250_170709.jpgPONTEVEDRA> O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, entregou hoxe as axudas estipuladas ós equipos que participaron na III Copa Deputación de Fútbol. Foron un total de 69.000 euros os que se repartiron os 36 clubes que participaron nesta competición.

A Deputación de Pontevedra repartiu esta mañá no Pazo Provincial os diferentes premios ós clubs participantes na III Copa Deputación. Foron un total de 69.000 euros os que se repartiron os 36 clubes participantes. Tan só tres deles, por ter débedas coas adminitracións, non recibirion as axudas.

Tódolos clubs, leváronse canda menos 500 euros por participar. Os máis beneficiados foron os finalistas. O campión Coruxo, que doblegara no Morrazo ó Ribadumia por 3-1, recibíu 11.900 euros. Para A Senra foron a parar 9.100€.

Trala entrega dos cheques, abríuse un turno de preguntas e iniciouse unha charla coloquio na que o presidente provincial e o deputado de deportes escoitaron as preguntas, as queixas, as suxerencias, as peticións dos representantes das diferentes entidades deportivas.

Redacción Salnés