Comeza o préstamo de bicicletas VAIBIKE

    vaibike_100.jpgVILAGARCIA> O vaibike chegou esta mañá ata Vilagarcía. Este é un servizo de préstamo de bicicletas posto en marcha pola Concellería de Promoción…

    {flowplayer}images/salnes/vaibike.flv{/flowplayer}

    … Económica. Por este motivo, reuníronse na oficina de turismo do Cavadelo a alcaldesa, Dolores García, a concelleira de Promoción Económica e Innovación, Rosa Abuín e o representante de Inega, José Abad. Trátase dunha iniciativa que pretende o fomento do deporte entre a cidadanía así como a diminución de accidentes de tráfico pero, sobre todo, unha alternativa de transporte limpo e seguro, axudando á conservación do medio ambiente.

    Os requisitos para obter unha destas bicicletas é moi sinxelo, simplemente hai que cubrir un formulario e entregar unha fotocopia do DNI, deste xeito xa se poden recoller as bicicletas nos catro postos onde están dispoñibles actualmente: na estación de ferrocarril, na alameda do Carril, no parque do Cavadelo e no parque de Dona Concha, en Vilaxoán. Hoxe en día existen cinco posto de préstamos de bicicletas en toda Galicia, e para este fin, da cordo coa Estratexia de Aforro en España 2004-2012, o Inega investiu un total de 140.000 euros

    Esta iniciativa está a ter unha moi boa acollida entre os vilagarciáns, dende o martes a xente xa se está a inscribir e agárdase unha alta participación. As bicicletas pódense empregar en períodos de dúas horas, e neste primeiro ano de funcionamento, o servizo será totalmente gratuíto.

    Redacción Salnés