CB Vilagarcía e Obradoiro estreitan lazos cun convenio

 VILAGARCÍA> O Club Baloncesto Vilagarcía e o Obradoiro de Santiago veñen de asinar un convenio de colaboración. Un acordo que, entre outras cousas, permitiralle ó club santiagués ter prioridade á hora de captar talentos deportivos para a súa canteira e que, da outra banda, achegará o baloncesto ACB á sociedade vilagarcián.

{flowplayer}images/salnes/FirmaConvenio_160413.flv{/flowplayer} 

O acto de sinatura tivo lugar esta mañá, no salón de Plenos do concello vilagarciáns, en presenza da edil de deportes Elena Suárez. A través deste acordo, que terá vixencia durante o vindeiro ano e medio, o Obradoiro resérvase o dereito de captar talentos da canteira vilagarcián para o seu club. Aqueles nenos que dean o nivel, poderán incorporarase ós filiais dos santiaguses.

A cambio, os socios do Club Baloncesto Vilagarcía desfrutarán de descontos nos seus abonos para ver os encontros do Obradoiro da Liga Endesa. Dende a entidade compostelana tamén se convidará a vindeira temporada a varios partidos ós socios do club vilagarcián. 

Blanco e Mateo anunciaron que unha vez o Obradoiro remate a liga, varios xogadores trasladaranse a Vilagarcía para participar en diferentes actos. Tamén se comprometeron a colaborar no campus de baloncesto que se organiza tódolos veráns na cidade. Aseguran que estes son tan só os primeiros acordos dunha relación que pretenden, sexa máis estreita e duradeira.

Redacción Salnés