Lozano deixa o Vilalonga tras seis anos defendendo as súas cores

lozano250_191109.jpgSALNÉS> O segundo capìtán do conxunto dirixido por  Gabi Leis, Jose Lozano, deixa a disciplina celeste. Directiva e xogador tomaron esta decisión tras unha reunión mantida onte á noite.

Jose Lozano xa non é xogador do Vilalonga. Dende hai días rumoreábase a posible marcha do de Vilalba e onte á noite fíxose realidade. A directiva e o xogador reuníronse nas oficinas do club contra as oito do serán. Previamente os amndatarios coñeceran a versión de Gabi Leis e posteriormente a do primeiro capitán Saúl, pero a decisión estaba tomada de antemán.

As razóns semellan obvias: a falta de minutos dos que estaba a desfrutar Lozano e o ter atopado unha oferta para recalar noutro club nas vindeiras semanas. O certo é que constituía un dos pilares máis fortes do vestiario do Vilalonga. Durante os últimos anos fixérase cun posto na defensa titular, tanto con Josiño Abalde como con Gabi Leis, xa fora de lateral ou de central. Pero este ano as cousas cambiaron.

Algunha voces apuntan a que os pesos pesados do vestario chocan coa personalidade de Gabi Leis, caso do capitán do ano pasado, Quito, e agora de Lozano. Con todo, a nova da súa baixa colleulle por sorpresa ó defensa celeste que nos vindeiros días pedirá explicacións á directiva. Síntese maltratado tras ter loitado polo seu equipo durante as últimas seis temporadas. Ademais, tras xogar cinco encontros na presente competición ligueira, a normativa impídelle fichar por calquera outro equipo de Terceira, polo que tería que buscarase o seu futuro na Preferente.

Nese senso cabe a posibilidade de que existan xa algunhas ofertas por Lozano. Afincado dende hai anos en Pontevedra todo apunta a que podería recalar nun equipo desa zona, da Preferente Sur. De tódolos xeitos o xogador non está disposto a enrolarse cun equipo que non teña obxectivos ambiciosos.

Esta baixa chega no peor momento posible para o equipo. Gabi Leis tan só poderá contar para o vindeiro partido con Tachi como central, xa que Miguel Vázquez está sancionado. Ademais, a cuarta opción, Jacinto, tamén cumplirá ciclo de amonestacións; polo que alguén terá que amoldarse nas vindeiras 48 horas para ese posto no eixo da zaga. A tenor do visto no adestramento de onte, todo apunta a que será o dianteiro Miguel Abal.

A día de hoxe Lozano aínda ten ficha co Vilalonga. Mañá mesmo, o director deportivo da entidade, Manuel Buezas, desprazarase a A Coruña para darlle a baixa federativa.

Redacción Salnés