Galicia conta con 135 novos Gardas Civís

    novos_gardas_civis100.jpgPONTEVEDRA> O Director Xeral da Policía e da Garda Civil, Francisco Javier Velázquez, presidiu hoxe a presentación de 135 novos Garda Civís.

    {flowplayer}images/salnes/NOVOS_GARDAS_CIVIS.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Cos Honores de Ordenanza e o paso de Revista á Forza, comezou o acto de presentación de c135 novos garda civís, dos que trinta e nove, quedarán destinados na provincia de Pontevedra. Na súa intervención, o Director Xeral da Policía e da garda Civil, Javier Velázquez, manifestou que Galicia é unha comunidade das máis seguras de España.

    O número de efectivos e as infraestruturas actuais da Institución Armada, fan que, segundo Velázquez, se poida garantir a seguridade en todo o territorio galego. Amais, por parte do Goberno Central, hai contemplado un forte investimento nas Forzas de Seguridade do Estado.

    O acto rematou ca entonación do himno. No que vai de ano, sumadas estas novas incorporacións, as unidades da garda Civil en Galicia vense reforzadas cun total de trescentos seis axentes.

    Redacción Salnés