O concello recibe o comunicado oficial da venta de Vista Real

    VISTA_REALcopy.jpgVILANOVA> O concello dispón agora dun prazo de quince días hábiles para efectuar o pago dun millón oitenta e cinco mil euros.

    {flowplayer}images/salnes/RP_VILANOVA_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}

    Despois de que a semana pasada coñecíamos que o Pazo de Vista Real era adxudicado ó concello de Vilanova, esta mañá a Axencia Tributaria remitiu ó concello a comunicación oficial da venta do inmoble por un valor dun millón oitenta e cinco mil euros.

    Ademais, Durán informou que xa negociaron con varias entidades bancarias para formalizar o pago cun crédito ponte antes de recibir o dez por cento procedente do centro comercial. Dispoñen, agora, dun prazo de quince días hábiles para efectualo pago.

    Por último informaron que nun breve período de tempo desprazaranse ata o Pazo de Vista Real para tomar posesión da propiedade.

    Redacción Salnés